Guitiriz, un dos 138 concellos sen covid logo de ser líder en contaxios
Publicado o 29/04/2021 14:34
Con ledicia pero con cautela. En Guitiriz celebran ser un dos 138 concellos galegos sen contaxios, logo de marcar hai dous meses a maior incidencia de Galicia. Cren que o aumento da concienciación, despois da agonía pola proliferación de contaxios, contribuíu a iso.
A normalidade volve pouco a pouco, despois de que hai dous meses Guitiriz fora noticia por chegar aos 2.100 casos por cada 100.000 habitantes.
Concienciación e aumento da vacinación serán vitais, din, para que non volvan as máximas restricións.