CRTVG

Buscar

Guitiriz, Moeche e Malpica, entre os concellos coa incidencia máis alta

Publicado o 20/02/2021 15:24

Guitiriz ten unha incidencia acumulada nos últimos quince días que supera os 2.000 casos e a de Moeche supera o milleiro. Por riba dos 500 hai 19 municipios, a maioría deles nas provincias da Coruña e de Pontevedra. Salientan os casos das comarcas de Bergantiños e de Betanzos, con varios concellos por riba dos 500 casos de incidencia acumulada. Do resto, a maioría móvese entre os 250 e os 500 e os que presentan arestora unha situación mellor son os 46 libres de covid, a maioría nas provincias de Lugo e de Ourense.

 

 

 

Noticias web

20/02/2021