CRTVG

Buscar

Guaidó reaparece en Caracas despois dos rumores sobre protección diplomática

Publicado o 07/06/2020 11:25


O líder opositor venezolano, Juan Guaidó, reapareceu camiñando polas rúas de Caracas despois dos intensos rumores alentados polo presidente Nicolás Maduro que insinuaban que estaba refuxiado nunha sede diplomática. Mesmo Francia desmentiu que Guaidó permanecese na súa embaixada baixo protección.

Guaidó percorreu o leste da capital e detívose ante unha das ringleiras que se forman estes días para repostar gasolina e que supoñen horas de espera en todo o país. Durante o paseo Guaidó alentou os cidadáns a rebelarse contra Maduro, a quen responsabiliza do racionamento do combustible e das fallas na subministración no país coas maiores reservas probadas de petróleo. Aínda que o Goberno cualifica o líder opositor de prófugo da xustiza. a Fiscalía non informou da emisión de ningunha orde de captura contra el, aínda que si ten abertas varias investigacións na súa contra, a última pola súa suposta implicación nas dúas incursións militares de maio que se saldaron con oito mortos.

 

Noticias web

07/06/2020