CRTVG

Buscar

Guaidó pide aos colombianos non facerlle "o xogo" a Maduro por unhas fotos polémicas

Publicado o 15/09/2019 11:13

O xefe do Parlamento de Venezuela, Juan Guaidó, presidente encargado para máis de 50 países, pediulles aos políticos colombianos que o condenan pola divulgación dunhas fotos xunto a paramilitares, que apoien "a loita do pobo" venezolano e non lle fagan "o xogo" a Nicolás Maduro.

As fotos foron tomadas o 22 de febreiro, cando Guaidó cruzou a fronteira correndo para chegar a Cúcuta, onde se celebraba un multitudinario concerto e desde onde, ao día seguinte, encabezou o intento frustrado de entrar a Venezuela cunha caravana de axuda humanitaria.

Nas imaxes aparecen dous coñecidos criminais, xa capturados, e en proceso xudicial por porte ilegal de armas e concerto para delinquir, que forman parte da banda Los Rastrojos dedicada ao narcotráfico e ao contrabando.

Noticias web

15/09/2019