CRTVG

Buscar

Guaidó concéntrase con simpatizantes: "Chegou a hora, rúa sen retorno"

Publicado o 30/04/2019 17:28

O xefe do Parlamento de Venezuela, Juan Guaidó, a quen máis de 50 países recoñecen como presidente interino, acudiu este martes a unha concentración con simpatizantes no bastión opositor caraqueño de Altamira, e só horas despois de que lles pedise aos venezolanos saír ás rúas para depoñer ao gobernante Nicolás Maduro.

"Chamen a todo o mundo e díganlle que veñan para acá", dixo o opositor ante miles de seguidores, subido ao teito dun vehículo e acompañado polo dirixente Leopoldo López, quen burlou esta mesma xornada o arresto domiciliario para sumarse ás protestas antigubernamentales.

"Hoxe estamos aquí e imos seguir aquí pedindo a eses militares que se incorporen a esta lexítima loita de todo o pobo de Venezuela", engadiu ante a algarabía de miles de persoas que lle esixían manter as protestas e acudir ao palacio presidencial de Miraflores, onde se reúnen hoxe os seguidores de Maduro. Aínda que Guaidó non respondeu a esta solicitude, o seu centro de comunicacións pediu en Twitter aos opositores que se manteñan nas rúas.

"Chegou a hora, rúa sen retorno", pídese na mensaxe. No medio da multitudinaria manifestación, a pensionista María Solórzano dixo que saíu á rúa "pola liberdade" de Venezuela, un país sumido nunha perentoria crise que se expresa en escaseza xeneraliza e hiperinflación.

Ademais, a docente universitaria Rosario Flores aseverou a que a concentración opositora debería trasladarse a Miraflores, tal e como dixo Guaidó hai semanas que sucedería. Venezuela atravesa un pico de tensión política desde xaneiro pasado, cando Maduro xurou un novo mandato de 6 anos que non recoñecen a oposición e parte da comunidade internacional, e Guaidó proclamou o seu Goberno interino. En paralelo, a nación petroleira sofre a peor crise económica da súa historia, o que xera cada día protestas para denunciar a severa escaseza de alimentos e medicinas e a pésima prestación dos servizos público.

Noticias web

30/04/2019