CRTVG

Buscar

Guaidó cambia de estratexia e propón agora negociar co Goberno e levantar as sancións

Publicado o 11/05/2021 19:51
Guaidó cambia de estratexia e propón agora negociar co Goberno e levantar as sancións

Twitter

EFE

O líder opositor venezolano Juan Guaidó propuxo este martes un acordo para buscar unha solución á crise do país, mediante un proceso de negociación en que inclúe o Goberno e o posible levantamento de sancións, despois de que, en repetidas ocasións, rexeitara ambas as opcións. Segundo unha mensaxe lanzada por Guaidó, o acordo "debe xurdir a través dun proceso de negociación entre as forzas lexítimas democráticas, o réxime e as potencias internacionais". Avoga polo "compromiso da comunidade internacional para lograr a recuperación de Venezuela e ofrecer incentivos ao réxime, incluíndo o levantamento progresivo de sancións, condicionado ao cumprimento dos obxectivos fundamentais do acordo. 

Noticias web

11/05/2021