CRTVG

Buscar

Guaidó anuncia unha partida de axuda humanitaria procedente de Europa e Maduro rétao a convocar eleccións

Publicado o 20/02/2019 13:39

O presidente da Asemblea Nacional venezolana, Juan Guaidó anunciou unha nova partida de axuda humanitaria procedente de catro países europeos e volveu facer un chamamento aos militares para que permitan introducila no país. Maduro respondeulle retándoo a convocar eleccións se quere solucionar a crise en Venezuela. 

Nos próximos días chegarán a Venezuela 18 millóns de dólares de axuda procedente de España, Italia, O Reino Unido e Alemaña. Francia enviará 70 toneladas en medicamentos e alimentos. Así o anunciaba Guaidó tras reunirse con embaixadores europeos. "A transición é un feito. Vostede decide, señor Maduro, canto máis lle vai custar socialmente ao pobo de Venezuela", dixo Guaidó.

Maduro cualifica a Guaidó de pallaso e rétao a convocar eleccións.

"Por aí hai un pallaso que se di presidente autoproclamado. Por que non convoca eleccións? Convoque eleccións!", dixo Maduro.

Maduro segue apoiado pola cúpula militar. Nin a promesa de amnistía nin as ameazas de Donald Trump, aseguran, vano poñer de lado de Guaidó. O Parlamento venezolano autorizou o ingreso da axuda humanitaria que se almacena na fronteira e instou as forzas armadas a que levanten o bloqueo que impide introducila no país.

Noticias web

20/02/2019