CRTVG

Buscar

Guaidó acusa a Maduro de querer aproveitarse da axuda humanitaria

Publicado o 05/02/2019 21:04

Todo está preparado na fronteira entre Venezuela e Colombia para recibir a axuda humanitaria enviada polos Estados Unidos. Consiste en alimentos, medicinas e produtos de primeira necesidade. Os países limítrofes, os europeos e O Canadá tamén anunciaron o envío de axuda de urxencia. Pero para garantir a súa entrada e distribución é imprescindible que as forzas armadas venezolanas non o impidan.

"Non sei a que lle teñen medo, teñen medo a que se dean de conta de que os hospitais xa non serven, que nada serve en Venezuela. En Venezuela hai demasiada fame, demasiada pobreza. O que gañamos é para comer, para medio comer", di un venezolano na fronteira de Cúcuta.

"Aquí non estamos pedindo nin guerra nin guerrilla. Estamos pedindo axuda humanitaria, medicinas, comida, seguridade. E se imos á parte política, eleccións", apunta outro.

Segundo Cáritas, o 42 % dos venezolanos viven en situación de extrema pobreza. Nos hospitais faltan medicinas e produtos básicos para atender os doentes. O autoproclamado presidente Juan Guaidó apela á humanidade dos militares para permitir a repartición de axuda humanitaria. Pero Nicolás Maduro fala dunha caridade que o pobo venezolano non precisa.
 

 

Noticias web

05/02/2019