CRTVG

Buscar

Guaidó acepta o reinicio do diálogo con Maduro

Publicado o 08/07/2019 08:28
Guaidó acepta o reinicio do diálogo con Maduro


O líder opositor venezolano, Juan Guaidó, confirmou que se reiniciará o diálogo político con Nicolás Maduro. Guaidó, recoñecido como presidente interino do país por máis de 50 países, non dixo se el asistiría en persoa a esta negociacion que se vai celebrar nas Barbados. O reencontro entre representantes de Nicolás Maduro e a oposicion é froito da mediación do Goberno de Noruega que, asegurou nun comunicado que a finalidade será atopar unha saída negociada e constitucional á grave crise que atravesa o país.


 

Noticias web

08/07/2019