CRTVG

Buscar

Grupos de 70 a 79 anos e grandes dependentes, obxectivos de vacinación para esta semana

Publicado o 17/04/2021 19:55

A directora xeral de saúde pública, Carmen Durán, admite que a escaseza de vacinas e os continuos cambios de criterio que paralizaron os envíos de AstraZeneca primeiro, e agora de Janssen fan máis lento o proceso de viiiacinación. En Gallicia, o 95 por cento dos maiores de 80 anos recibiu unha dose pero entre as persoas de 70 a 79 anos esa porcentaxe baixa ao 46 por cento, menos da matade. Durán confía en que próxima semana cheguen as 105.000 doses prometidas de Pfizer e outras 20.000 de AstraZeneca.

Carmen Durán, directora xeral de saúde pública: "O noso obxectivo está posto nos grandes dependentes, maiores de 80 anos e con este colectivo de 70 a 79 anos, sen esquecer que esta semana tamén comezamos a vacinar as persoas que denomina o ministerio con patoloxías de risco, oncolóxicos, trasplantados, dializados, etc".

Mentres, nas residencias da terceira idade, libres de covid, a vida volve pouco a pouco á nssormalidade cun novo réxime de visitas e saídas. Na Consellería de Política Social debaten co sector un novo modelo que aposta pola coordinación sociosanitaria para atender os maiores e tamén pola tecnoloxía.

Antón Acevedo, director xeral de atención integral sociosanitaria: "Cremos que a tecnoloxía pode abrir outros campos á hora de experimentar melloras nas contornas, pois por exemplo a implantación da historia clínica electrónica, existen novas tecnoloxias para detección de caídas, confort, control de temperaturas"

As primeiras melloras poderían comezar a implantarse durante o primeiro semestre deste ano.

Noticias web

17/04/2021