Grupo Común de Esquerda, novo nome de En Marea no Parlamento
Publicado o 03/09/2019 15:24
Comeza a actividade parlamentaria e os de En Marea presentáronse hoxe cun novo nome e nova estrutura. Era necesario facelo despois de que Luís Villares e outros 3 deputados marcharan ao Grupo Mixto. Os 10 parlamentarios que quedaron chámanse desde agora Grupo Común de Esquerda, un nome que consensuaron onte mesmo. Xa non haberá un só voceiro, senón catro.
Esperan manter a unidade no que resta de lexislatura e mesmo artellar unha candidatura para as próximas eleccións autonómicas.