CRTVG

Buscar

O Sergas cre que o gromo do Meixoeiro é xa o peor dos rexistrados en hospitais

Publicado o 27/01/2021 23:42

Con 3.680 casos, medio cento máis nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Vigo é a segunda de Galicia con máis contaxios activos. 55 correspóndense co gromo iniciado na planta de xeriatría do Hospital Meixoeiro. Hai 20 sanitarios e 35 usuarios afectados e que xa foron trasladados á área covid do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O Sergas considera que é o foco máis importante dos que se levan rexistrado nestes centros sanitarios e aínda non está pechado.

No hospital Montecelo de Pontevedra tamén se rexistrou un gromo cuns vinte afectados. 

 

Noticias web

27/01/2021