CRTVG

Buscar

Greta Thunberg xa está en Portugal

Publicado o 03/12/2019 16:10
Greta Thunberg xa está en Portugal

Greta Thunberg chegou esta mañá ao peirao de Alcántara, en Lisboa, despois de 21 días cruzando o Atlántico desde Virxinia, nos Estados Unidos.

Veu no catamarán dunha familia australiana que está dando a volta ao mundo e que se ofreceu a traela porque, como saben, Greta négase a coller avións polo tremendo impacto contaminante que teñen.

A activista sueca de 16 anos avanzou que estará uns días na capital portuguesa antes de participar no cumio do clima. Thunberg non desvelou que día vai viaxar a Madrid nin que medio de transporte vai empregar.  Só aclarou que participará na marcha contra a crise climática que se celebrará o venres en Madrid.

 

Noticias web

03/12/2019