CRTVG

Buscar

Greenpeace protesta contra o plan de axudas do Goberno para mercar coches diésel e gasolina

Publicado o 16/06/2020 12:47

Os ecoloxistas de Greenpeace protestan contra o plan de axudas ao automóbil que hoxe aprobou o Consello de Ministros. Activistas da organización despregaron dun guindastre unha pancarta xigante de 200 metros cadrados nas inmediacións do Congreso dos Deputados.

Con esta acción denuncian as axudas do Goberno aos vehículos diésel e de gasolina que se poden solicitar xa desde hoxe. Din que iso vai contra a transición ecolóxica. Tamén rexeitan as axudas ás compañías aéreas.

Noticias web

16/06/2020