CRTVG

Buscar

Grecia supera os 30 graos na fin de semana

Publicado o 11/01/2021 08:19

E mentres a borrasca Filomena deixou os termómetros baixo cero e neve en boa parte da Península, a outra cara da moeda atopámola noutros países do mesmo hemisferio, en concreto en Grecia.

Na capital, Atenas, superaron os 30 graos, e moitos gregos pasaron a fin de semana gozando do sol e da praia con estas atípicas temperaturas nun mes de xaneiro. O habitual nesta época do ano sería que os termómetros marcasen alí entre cero e cinco graos.

 

Noticias web

11/01/2021