CRTVG

Buscar

Grecia comezará a recibir turistas o 1 de xullo

Publicado o 21/05/2020 09:17

Grecia espera salvar a temporada turística cun ambicioso plan de apoio ao emprego do sector, redución de impostos e protocolos sanitarios para os turistas.

O país heleno comezará a recibir turistas o próximo un de xullo, cando comecen os voos directos desde o estranxeiro a destinos turísticos locais.

Os visitantes non estarán obrigados a pasar corentena, pero deberán someterse a controis aleatorios e seguir un estrito protocolo de medidas hixiénicas.

O turismo é a base da economía grega e representa case o 30 por cento do produto interior bruto.

Noticias web

21/05/2020