CRTVG

Buscar

Graves protestas en Italia contra a obriga do certificado COVID no traballo

Publicado o 11/10/2021 12:47
Graves protestas en Italia contra a obriga do certificado COVID no traballo

Italia reforza a seguridade ante o temor de que se repitan as violentas protestas que houbo esta fin de semana en Roma e que acabaron con 12 persoas detidas, entre elas, dous líderes da ultradereitista Forza Nuova. Con berros de "liberdade, liberdade", milleiros de persoas antivacinas saíron ás rúas da capital para protestar contra o pasaporte verde dixital da covid−19, que é como se chama aquí o certificado que será obrigatorio desde o 15 de outubro en todos os lugares de traballo do país, xa sexan públicos ou privados. Italia é o primeiro país europeo que esixe o certificado de vacinación no emprego. 

Noticias web

11/10/2021