CRTVG

Buscar

Graves disturbios en Nablus deixan case 400 palestinos feridos

Publicado o 18/06/2021 23:36
Graves disturbios en Nablus deixan case 400 palestinos feridos

Ambulancia atacada polo exército israelí

Case 400 palestinos resultaron feridos en enfrontamentos co Exército de Israel cando protestaban polo levantamento dun asentamento de colonos considerado ilegal pola lei israelí. Os feitos ocorreron na cidade de Nablus, no norte da Cisxordania ocupada. Moitos dos feridos sufriron inhalación de gas e medio cento recibiron impactos de balas de goma. A Media Lúa Vermella de Palestina, o equivalente á Cruz Vermella, denunciou ataques contra o seu persoal. Tres voluntarios resultaron feridos e dúas ambulancias foron atacadas con bombas de gas e balas de goma polas tropas xudías.