Disturbios graves en Burgos contra o toque de queda
Publicado o 31/10/2020 00:30
A Policía realizou varias cargas contra os manifestantes
Preto dun milleiro de persoas, moitas menores, protagonizaron esta noite disturbios graves en Burgos ao inicio do toque de queda, con enfrontamentos violentos coa Policía e lanzamento de pedras, queima de contedores e estragos no mobiliario urbano. Os altercados comezaron no barrio de Gamonal e logo estendéronse a outros da cidade. Comezaron ás dez da noite, cando empeza o toque de queda decretado en Castela e León para conter a expansión do coronavirus. A Policía realizou varias cargas contra os manifestantes. O presidente autonómico, Alfonso Fernández Mañueco, fixo un chamamento á responsabilidade.