Gravan o atropelo dun home ao que acababan de roubar en Barcelona
Publicado o 19/08/2020 15:39
Xa está en prisión un dos ladróns que atropelou en Barcelona o home ao que acababan de roubar. Os feitos sucederon a principios de mes, na área de descanso dunha autoestrada. A vítima durmía coa súa parella nunha autocaravana.
Os ladróns forzaron a porta e roubaron o bolso da muller. O home saíu para intentar detelos, cando o arrastraron dez metros causándolle lesións nunha perna. O arrestado é un home de orixe bosníaca con numerosos antecedentes e a policía está tratando de identificar o outro asaltante.