CRTVG

Buscar

Grande afluencia de peregrinos nas xornadas previas ao Día de Galicia

Publicado o 20/07/2021 22:49

O esplendor do Camiño volve ás vilas polas que atravesa, que se enchen de novo de peregrinos. Estes son días especiais e de grande afluencia pola proximidade do día do Apóstolo.

E organizan as súas etapas para chegar a Santiago na fin de semana. A alta demanda mesmo sorprende os propietarios dos albergues.

Os albergues están ao 30 % de ocupación, e hainos previsores e tamén aventureiros. No que todos coinciden é en que o Camiño é unha experiencia única.

Agora uns e outros, de aquí e de alá, volverán encontrarse nuns días ao pé da catedral.

Noticias web

20/07/2021