CRTVG

Buscar

Grande afluencia de turistas na capital galega nesta ponte do Pilar

Publicado o 12/10/2021 14:39

Galicia gusta e, como non, Santiago de Compostela é un dos destinos máis elixidos por quen nos visitan. Estes días da ponte do Pilar as rúas da capital galega están ateigadas de turistas.

Cun ambiente case igual ao que estábamos acostumados a ver antes da pandemia, os comerciantes e hostaleiros din sentirse moi satisfeitos coa afluencia estes días de turistas. Parece que superaron con creces as previsións para esta ponte. Explican que están a ser uns días fantásticos e que a resposta do visitante sobre todo nacional é moi boa. 

Veñen na procura de produtos de calidade galegos e desfrutar da nosa gastronomía, pero tamén hainos que queren levar algo de fortuna de Santiago. E para iso non lles importa agardar para conseguir un décimo de lotería de Nadal. Pois, como din, e se toca?

Agora xa apuran as últimas horas antes de emprender camiño de novo cara aos seus fogares.

Noticias web

12/10/2021