CRTVG

Buscar

Graduación dunha nova promoción de Medicina

Publicado o 24/04/2019 17:40

Unha nova promoción de Medicina graduouse hoxe en Santiago nun acto que se celebrou no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Son os futuros facultativos aos que lles confiaremos as nosas vidas.

Levan agardando 6 anos por esta foto de familia, 6 anos duros de esforzo e dedicación e hoxe chegou ese gran día para os case 350 estudantes de Medicina que puideron graduarse.

O reitor da Universidade de Santiago subliñou que era una acto que ía máis aló do académico, un acto emotivo, e así o viviron todos os asistentes, entre eles o padriño da promoción.

O auditorio, cheo a rebentar. Familia e amigos quixeron acompañalos, foron unha parte importante do logro.

A promoción 2013/2019 sae hoxe a comer o mundo. Serán os futuros facultativos aos que lles confiaremos as nosas vidas.

 

 

Noticias web

24/04/2019