Goteo de gromos da covid-19 nos colexios galegos
No San Francisco de Vilagarcía a xornada transcorre con normalidade malia o positivo dun neno que obrigou a confinar a aula de sexto de primaria. 21 alumnos e unha mestra que estiveron en contacto co rapaz contaxiado están en corentena.
A maioría dos pais amósanse tranquilos porque din que os protocolos de resposta están funcinando ben.
O positivo dunha nena na escola unitaria de Dodro obrigou a poñer en illamento os 15 alumnos e as dúas mestras, polo que o centro permanece pechado.
Tamén se detectou un positivo no colexio das Franciscanas de Ourense. Permanecen illados catro compañeiros e unha mestra. O mesmo acontece nos Salesianos de Vigo. O positivo dunha alumna de quinto de primaria obriga a gardar corentenar a 24 rapaces e unha mestra.
En Redondela o CEIP Outeiro das Penas mantén en illamento 48 estudantes de infantil e primaria tras o positivo de dous irmáns. Nas últimas horas tamén se detectaron casos en centros de ensino de Marín, Vigo, Santiago e A Coruña.
Os gromos da covid-19 están a obrigar a pechar aulas e confinar cativada en Galicia https://t.co/zFyuRxSSvZ Neste breve vídeo explicámosche o protocolo para cando hai sospeita dun positivo no centro pic.twitter.com/S3U9sXrnQW
— G24 (@G24Noticias) September 17, 2020