CRTVG

Buscar

A Gosia Trebacz, artista coruñesa, as secuelas do coronavirus impídenlle pintar máis dun ano despois

Publicado o 02/06/2021 13:18

Gosia Trebacz é unha artista polaca residente na Coruña, multidisciplinar e moi activa, pero o coronavirus fíxoa parar en seco en marzo do ano pasado. Estivo ingresada unha semana no hospital e pensou incluso no peor.

Tratárona con hidroxicloroquina e recibiu a alta aos 6 días, pero a enfermidade seguiu facendo efecto nela. Perdeu 16 quilos, caeulle o pelo e as dores continuaron. A paixón e profesión de Gosia é a pintura, pero aínda non puido retomala.

Padece covid persistente e diagnosticáronlle fibromialxia, pero na sanidade di que non lle dan solucións. Así que aceptou a proposta dunha clínica privada de probar a hipoxia intermitente e está satisfeita cos resultados.

A creatividade de Gosia segue imparable, agardando o momento de poder explotar e xermolar das súas mans cando as secuelas da covid llo permitan.


 

Noticias web

02/06/2021