CRTVG

Buscar

Google Arts incorpora o proxecto 'Bo Camiño!', con 108 exposicións, 4.750 fotos e vídeos e visitas em liña

Publicado o 24/09/2021 16:35

Xa está na rede en once idiomas diferentes con guías para peregrinos e información audiovisual de toda índole sobre Galicia e os Camiños de Santiago. Google, o buscador hexemónico en Internet, ofrece unha peregrinación dixital con miles de fotos e vídeos. Son máis de 108 exposicións en liña, máis de 4.750 fotografías e vídeos, 13 visitas virtuais en 360 graos e un vídeo único que presenta a experiencia de percorrer algunha das súa rutas. En definitiva, é un bo reflexo de como vivir o Camiño", explica Miguel Escassi, director de Relacións Institucionais de Google en España e Portugal.

O presidente da Xunta coida que o Xacobeo se globaliza aínda máis con Google ao gañar presenza na Rede: "Galicia, fiel á súa vocación, dá hoxe un novo salto cara á universalidade; fai partícipes a todos os cidadáns da súa impronta única no mundo a través dunha experiencia. Iso, para os galegos, significa o proxecto que hoxe estamos presentando".

'Bo Camiño!' consta de catro seccións: natureza, cultura, comunidade e guías.

Noticias web

24/09/2021