CRTVG

Buscar

Gonzalo Fernández, novo adestrador do Coruxo

Publicado o 30/06/2021 20:46

O Coruxo confía en Gonzalo Fernández para dirixir un novo proxecto na Segunda Federación. O técnico de Oia de estivo as tres últimas tempadas no Choco e agora recibe a confianza do Coruxo para esta nova andaina. Asina por un ano. Gonza substitúe a Míchel Alonso e sobe un chanzo na súa carreira. Con el chega Óscar Pérez como segundo, outro vello coñecido do club do Vao.

Noticias web

30/06/2021