CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pide apoio das administracións para Conxemar

Publicado o 07/10/2021 14:26

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitaba hoxe a feira do conxelado Conxemar en Vigo. Alí pedíalles a todas as administracións o apoio a este certame para que siga sendo un referente mundial do sector fronte á competencia que se lle aveciña co traslado da feira Diversified de Bruxelas a Barcelona.

"Queremos que Conxemar siga sendo a principal referencia de España para o mundo en materia de industria e mar, e fronte a outras feiras que empezan a ter puxanza, todas as administracións, o Goberno de España, a Xunta, as administracións provinciais e locais todos temos que remar xuntos para que Conxemar siga sendo a referencia internacional do sector", dixo Caballero.

 

Noticias web

07/10/2021