Gonzalo Caballero traslada o apoio do PSdeG ao pacto con Podemos
Publicado o 15/11/2019 14:48
Os socialistas galegos trasládaronlle a Pedro Sánchez o seu apoio total a que gobernen con Podemos. Gonzalo Caballero di que este respaldo ao pacto é maioritario no partido. Sae así ao paso das críticas feitas por Felipe González e por baróns socialistas.
"Avanzar nun goberno de progreso que desbloquee a situación é a vontade maioritaria do partido e a vontade que referendou por unanimidade a comisión executiva galega, trasladeille xa onte a Pedro Sánchez o apoio dos socialistas galegos para avanzar no apoio dun goberno progresista", dixo o secretario xeral do PSdeG.