Gonzalo Caballero solicita máis recursos contra a violencia machista
Publicado o 25/11/2020 11:39
Neste Día Internacional contra a Violencia Machista, o socialista Gonzalo Caballero pediu no Parlamento de Galicia máis recursos por parte da Xunta. Manifestou que en Galicia hai 3.733 casos activos de violencia machista.
Alberto Núñez Feijóo comezou a súa intervención mandando un pésame xeneralizado de todos os grupos parlamentarios ás mulleres asasinadas polos seus maltratadores, a todos os nenos e nenas asasinados como consecuencia da violencia machista e aos orfos e orfas vítimas da violencia machista. Lembrou especialmente as dúas mulleres asasinadas neste 2021 en Galicia.
O presidente da Xunta respondeulle a Gonzalo Caballero que os orzamentos subiron máis dun 150 por cento desde que está no Goberno.