Gonzalo Caballero sinala a importancia de reforzar as políticas de igualdade
Publicado o 03/06/2020 15:20
Gonzalo Caballero sinala a importancia de reforzar as políticas de igualdade para saír mellor desta crise sanitaria e económica.
Explicouno logo de manter unha xuntanza coa presidenta da Deputacion de Pontevedra, Carmela Silva. O secretario xeral dos socialistas galegos comprometeuse a crear unha consellería de igualdade que mellore as políticas de conciliación e que evite que as mulleres queden atrás.