Gonzalo Caballero di que o PSdeG é a mellor garantía para manter o emprego
Publicado o 08/06/2020 15:22
O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, referiuse ao futuro da fábrica de aluminio da Mariña.
Nun foro telemático de apoio á sua candidatura recoñeceu que é imprescindible o estatuto para as empresas electrointensivas.
Tamén dixo que o PSOE é a mellor garantía para manter o emprego: "Alcoa é o noso compromiso dende Galicia. Ademais, o Goberno de España tomou decisións importantes: nos útimos dous anos destinou á planta de Alcoa 38 millóns de euros".