CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "Que ningún voto quede na casa"

Publicado o 24/04/2019 21:11

O líder dos socialistas galegos está arestora cun mitin de campaña na Coruña. Acompañado pola ministra de Economía, Nadia Calviño, Gonzalo Caballero asegurou que o Goberno está facendo unha magnifica política económica. Pediulles aos simpatizantes que se mobilicen o domingo para que Pedro Sánchez poida seguir coa súa tarefa de goberno para que o país siga avanzando.

Pedro Sánchez reivindicou esta tarde en Xixón o legado social do seu Goberno durante os últimos dez meses. Pediu unha mobilización do voto e reclamou unha España nova e xenerosa cos máis débiles e sen crispación.

Noticias web

24/04/2019