CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero propón un escudo social para os máis vulnerables

Publicado o 24/06/2020 15:23

O candidato socialista apoveitou o día de festa para pasear en bicicleta por Pontevedra. Alí defendeu un plan galego que fomente o seu uso nas cidades. E o deseño de roteiros que inviten ao cicloturismo.

Gonzalo Caballero tamén comprometeu un escudo social para os máis vulnerables da crise da covid-19: "Necesitamos un Goberno socialista en Galicia para protexer as persoas. Para que eses 44.000 galegos que poden entrar na pobreza con esta crise da Covid-19 teñan un goberno que protexa os cidadáns e que constrúa un escudo protector desde a Xunta de Galicia para que ninguén quede na cuneta", dixo.

 

Noticias web

24/06/2020