Gonzalo Caballero promete a creación dunha axencia para o desenvolvemento do rural
Publicado o 02/03/2020 14:53
Gonzalo Caballero participou en Lugo nun acto co presidente de Asturias, Adrián Barbón, sobre o reto demográfico.
Os socialistas propoñen a creación dunha axencia galega para o desenvolvemento rural que dependa da presidencia da Xunta. Estaría destinada a crear emprego, infraestruturas e dotar dos servizos básicos aos galegos independemente de onde vivan.