CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pídelle á Xunta transparencia á hora de tomar medidas

Publicado o 16/12/2020 15:50

Sobre as restricións en Galicia falou o líder dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero, pídelle á Xunta transparencia á hora de tomar novas medidas e fai un chamamento á responsabilidade dos cidadáns. 

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "Estamos vendo que a apertura de certas medidas teñen riscos de repuntas, de contaxios. Isto obriga a ter todas as cautelas necesarias neste tempo próximo ás festas de Nadal. Todo o mundo quere atoparse coa familia, pero a prudencia e a loita contra o virus ten que ser unha regra na que non nos podemos relaxar".

Noticias web

16/12/2020