CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pide que o sector pesqueiro teña peso na reactivación económica

Publicado o 06/10/2021 13:43

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou este mércores que a reactivación económica do país tras a pandemia ten que estar vinculada a sectores coma o pesqueiro, con gran peso na nosa comunidade. 

"Queremos unha reactivación pegada aos sectores produtivos do país, unha reactivación que xere emprego e que aposte por sectores fundamentais da economía galega como é o sector pesqueiro", dixo Gonzalo Caballero durante unha visita ao Porto do Son.

Noticias web

06/10/2021