CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "En cada elección decidimos como vai ser o país no que imos vivir"

Publicado o 28/04/2019 13:43

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, votou esta mañá en Vigo e apelou este domingo ao "sentido da responsabilidade" dos cidadáns ao facer "unha chamada á mobilización" para "decidir o país que queren". 

"Vivimos nunha democracia avanzada onde o dereito ao voto é unha posibilidade para todos os cidadáns. É tamén un deber cívico", sinalou Caballero para "facer unha chamada á mobilización para que a cidadanía acuda ás urnas a decidir o país que quere, o futuro que quere para que toda a cidadanía vote en liberdade e en conciencia". "En cada elección decidimos como vai ser o país no que imos vivir", lembrou.

Noticias web

28/04/2019