Gonzalo Caballero: "Narbona representa o compromiso do PSOE co progreso e a igualdade"
Publicado o 25/04/2019 15:42
Esta mañá, en Santiago, o líder dos socialistas galegos acompañado pola presidenta do PSOE, Cristina Narbona, mantiveron unha xuntanza cos candidatos ao Congreso e ao Senado por cada provincia. Caballero lembrou ante os medios que o PSOE é un partido responsable que quere gobernar para todos.
Pedro Sánchez pediu en Xaén esta mañá a mobilización do voto socialista. Incidiu en que o futuro está en mans dos socialistas, liderando un goberno que permita aplicar unha axenda social, en que non haxa exclusión de ningún tipo.