Gonzalo Caballero insiste en apostar polo público na saída da crise da covid−19
Publicado o 09/09/2020 12:18
• Preme para ver a súa entrevista íntegra no Bos días
O secretario xeral dos socialistas galegos pide un gran pacto de reconstrucción na saída da crise da covid−19. Gonzalo Caballero insiste en renunciar ás políticas de austeridade e apostar polo público.
"Abandonar esa política de austeridade e ortodoxia e non ter, no ámbito global, o medo á débeda e ao déficit público que había noutros tempos. Iso é o mellor que podemos facer para impulsar o emprego, a protección social e o consumo", di Gonzalo Caballero.