CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero: "Galicia ten moito en xogo nestas eleccións xerais"

Publicado o 25/04/2019 21:33

Gonzalo Caballero participa arestora nunha cea mitin en Verín. Antes o líder dos socialistas galegos estivo en Ribadavia. Acompañado de militantes e simpatizantes, recordou que o PSOE ten moi boas expectativas con vistas ao domingo de conseguir un apoio masivo e levar a cabo as políticas de avance presentes no programa electoral de Pedro Sánchez.

Pedro Sánchez estivo esta tarde en Barcelona nun mitin en que sinalou que os socialistas son os maiores defensores da política social. Lembrou todo o feito nestes últimos dez meses polo seu Goberno. Sinalou o camiño para conseguir unha España máis xusta e plural.

Noticias web

25/04/2019