CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero fala da necesidade de apoiar a rede pública de residencias

Publicado o 23/06/2020 15:12

O candidato socialista atopámolo esta mañá en Boiro, onde mantivo un encontro co equipo de goberno dese concello. Caballero destacou o cambio desta vila co novo alcalde socialista. 

Tamén falou da necesidade de apoiar a rede pública de residencias, sobre todo logo dos erros detectados durante a pandemia do coronavirus: "Imos ter un claro compromiso cun novo modelo de residencias para maiores con mais garantias sanitarias, con máis atención aos nosos maiores e construíndo 2.000 prazas en residencias públicas".

 

 

 

 

Noticias web

23/06/2020