CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero fai unha aposta "galeguista e federalista" para as primarias

Publicado o 02/10/2021 19:45

O actual líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, sinalou que a súa proposta para as primarias é claramente de esquerdas. Nun encontro coa militancia de Santiago, afirmou que "o PSOE cumpre con Galicia" en contraste co que, ao seu entender, fixo o Goberno do PP de Rajoy.

Puxo como exemplos a futura chegada do AVE en decembro e a rebaixa das peaxes da AP-9. O secretario xeral do PSdeG especificou que o seu programa para as primarias é "galeguista e federalista".

Noticias web

02/10/2021