Gonzalo Caballero exime de responsabilidades a Sánchez pola investidura frustrada e apunta cara a outros partidos
Publicado o 27/07/2019 17:08
Tamén se referiu a este asunto o líder dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero acaba de clausurar o congreso provincial extraordinario do PSdeG de Lugo, Unha cita coa que os socialistas queren pechar a crise aberta trala dimisión de Álvaro Santos, situando a Patricia Otero á fronte do partido na provincia.
Sobre o bloqueo político, Gonzalo Caballero eximiu de responsabilidades a Pedro Sánchez e apuntou cara a outros partidos.