CRTVG

Buscar

Caballero está convencido de que Sánchez conseguirá gañar cunha maioría ampla

Publicado o 20/04/2019 21:45

O partido socialista de Galicia ten arestora acto en Cedeira. Antes, esta tarde estivo en Ares. Gonzalo Caballero animou ao seu electorado a mobilizarse o 28 de abril. O líder dos socialistas galegos está convencido de que Pedro Sánchez conseguirá gañar as eleccións cunha maioría ampla.

En Alacante, Pedro Sánchez asegurou que o PSOE é a única opción para que España siga avanzando. O candidato á presidencia marcou tamén como un reto aproveitar as vantaxes dunha economía verde que vai estar cada vez máis presente.

Noticias web

20/04/2019