Gonzalo Caballero pensa que o PSdeG é a mellor alternativa para Ourense
Publicado o 24/06/2021 16:02
En Ourense, Gonzalo Caballero fixo referencia aos contactos entre o alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o grupo popular para a súa posible incorporación de novo ao Goberno do concello.
O secretario dos socialistas galegos asegurou, nunha visita á cidade, que a política municipal é un caos. Dixo que o PSOE foi a lista mais votada nas pasadas eleccións municipais e que teñen programa e estratexia para mellorar a cidade.