Gonzalo Caballero destaca o traballo desenvolvido polo Concello da Coruña en materia de políticas sociais
Publicado o 16/06/2020 15:29
O candidato socialista continúa percorrendo algunhas das cidades gobernadas por compañeiros de partido.
Na Coruña mantivo unha xuntanza coa alcaldesa Inés Rey, a quen puxo como exemplo de políticas sociais que foron clave durante a pandemia do coronavirus.
Para Gonzalo Caballero, esa forma de gobernar é a mesma que leva a cabo Pedro Sánchez.