CRTVG

Buscar

Caballero asumirá a postura que os reitores adopten sobre o proxecto de universidade privada

Publicado o 20/04/2021 14:34

O líder dos socialistas galegos iniciou unha rolda de contactos cos reitores das tres universidades galegas para abordar, entre outros temas, o proxecto de Abanca para crear un centro de docencia superior de carácter privado.

Gonzalo Caballero di que, mentres o proxecto non conte co apoio das universidades públicas, o seu partido fará de muro de contención no Parlamento galego para que non prospere a iniciativa.

 

Noticias web

20/04/2021