Gonzalo Caballero defende o estatuto para as electrointensivas proposto polo Goberno
Publicado o 18/02/2020 15:04
E o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, estivo esta mañá de visita en Lugo nun acto de precampaña coa alcaldesa e outros cargos socialistas. Alí defendeu o estatuto proposto polo Goberno para as empresas electrointensivas, coma a luguesa Alcoa.
"O Goberno de España está cumprindo, é unha boa nova que exista por primeira vez na historia do noso país un estatuto para as empresas de consumo electrointensivo, é un avance, era unha cuestión pendente e o Goberno está cumprindo. E haberá que seguir avanzando en todas as medidas necesarias a carón do Goberno e dos traballadores", asegurou Caballero.