CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero defende a xestión económica do Goberno socialista

Publicado o 24/04/2019 15:56

Os socialistas galegos estiveron esta mañá en Ponteareas repartindo propaganda electoral. O secretario xeral dos socialistas galegos pídelles aos simpatizantes que non se confíen de cara ao domingo. Gonzalo Caballero pediu o voto tamén dos que no pasado votaron outras forzas políticas para conseguir que os socialistas poidan gobernar sen ter que pactar con ninguén.

Pedro Sánchez atrasouse na súa chegada  esta mañá a Badaxoz, polo que interveu durante gran parte de mitin o candidato do PSOE pola provincia de Badaxoz, Valentín García. Ao mitin asistiron militantes do partido socialista portugués, invitados polo comité electoral do PSOE. 

Noticias web

24/04/2019